Semana do 23 ao 27 de xaneiro
1ª Pista
Neste blog publicaranse novas relacionadas co proxecta DONAS DE SI que se leven a cabo no IES de Quiroga.
O xoves 22 de decembro entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos convocado por Bilioquiroga e o Proxecta Donas de Si. O 1º permio foi concedido a Verónica Vicente Mondelo de 3º de ESO polo seu relato "El día a día" , o 2º a Celia López Quintela tamén de 3º de ESO polo relato "Escapé" e o 3º a Ledicia Enríquez de 1º ESO polo seu microrrelato "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa"
Comezamos forte o ano cun Concurso de marcapáxinas para celebrar o Día da Ilustración que este ano adícase a María Antonia Dans.
Inspirádevos nela e na súa obra para facer o voso marcapáxinas e entregádeo na biblioteca antes do 1 de febreiro.